En 1963 novos SARM causaron infeccións sanguíneas en hospitais dinamarqueses. A cepa chamada “Ibérica”, 40 anos despois, ademais de ser resistente á penicilina, estreptomicina, tetraciclina, eritromicina e meticilina, tamén é resistente á maioría dos antibióticos xenéricos que foron desenvolvidos nos últimos 50 anos.
Se ben unha colonización de SARM nun individuo polo demais san xeralmente non é grave, a infección deste microbio pode ameazar a vida de pacientes con feridas profundas, catéteres intravenosos ou outros instrumentos que introducen corpos estraños, ou ben unha infección secundaria en pacientes cun sistema inmune debilitado.
O SARM produce sobre todo infección nosocomial, é dicir, unha infección contraída nun hospital. A súa manifestación máis grave é a neumonía nosocomial, enfermidade que pode ser mortal e que se contrae a través da inserción dun tubo ventilador no corpo do paciente.
Se ben o SARM, coma se indicou antes, non responde ós antibióticos máis comúns, hai outros fármacos, como a vancomicina e o linezolid, que axudan a combater a infección.
O SARM pode provocar infeccións potencialmente letais e xeralmente só é posible tratala con antibióticos intravenosos moi custosos. Unha cepa resistente ós medicamentos dunha bacteria potencialmente letal atravesou as fronteiras dos hospitais estadounidenses e se está propagando, segundo informaron investigadores. Os expertos afirmaron que está comezando a aparecer fóra dos hospitais en San Francisco, Boston, Nueva York e Los Ángeles.
"Unha vez que isto acade á poboación xeral, será realmente imparable", dixo Binh Diep, investigador da University of California en San Francisco.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario