martes, 25 de noviembre de 2008

STAPHLYLOCOCCUS AEREUS RESISTENTE A METICILINA (SARM)

O Staphylococcus aureus resistente a meticilina ou SARM é unha bacteria que se volveu resistente a varios antibióticos, primeiro á penicilina en 1947, e logo á meticilina. Foi descuberta orixinalmente nun hospital do Reino Unido en 1961 (despois de pasar a penas un ano da súa introdución na práctica clínica) e actualmente está moi propagada.

En 1963 novos SARM causaron infeccións sanguíneas en hospitais dinamarqueses. A cepa chamada “Ibérica”, 40 anos despois, ademais de ser resistente á penicilina, estreptomicina, tetraciclina, eritromicina e meticilina, tamén é resistente á maioría dos antibióticos xenéricos que foron desenvolvidos nos últimos 50 anos.

Se ben unha colonización de SARM nun individuo polo demais san xeralmente non é grave, a infección deste microbio pode ameazar a vida de pacientes con feridas profundas, catéteres intravenosos ou outros instrumentos que introducen corpos estraños, ou ben unha infección secundaria en pacientes cun sistema inmune debilitado.

O SARM produce sobre todo infección nosocomial, é dicir, unha infección contraída nun hospital. A súa manifestación máis grave é a neumonía nosocomial, enfermidade que pode ser mortal e que se contrae a través da inserción dun tubo ventilador no corpo do paciente.

Se ben o SARM, coma se indicou antes, non responde ós antibióticos máis comúns, hai outros fármacos, como a vancomicina e o linezolid, que axudan a combater a infección.

O SARM pode provocar infeccións potencialmente letais e xeralmente só é posible tratala con antibióticos intravenosos moi custosos. Unha cepa resistente ós medicamentos dunha bacteria potencialmente letal atravesou as fronteiras dos hospitais estadounidenses e se está propagando, segundo informaron investigadores. Os expertos afirmaron que está comezando a aparecer fóra dos hospitais en San Francisco, Boston, Nueva York e Los Ángeles.

"Unha vez que isto acade á poboación xeral, será realmente imparable", dixo Binh Diep, investigador da University of California en San Francisco.


BACTERIAS DESCOMPOÑEDORAS E SIMBIÓTICAS

Pero non todas as bacterias provocan males no organismo, porque hai numerosas bacterias que traballan para en simbiose co organismo no que se asentan (arredor do 99% das bacterias son beneficiosas).
Un dos exemplos máis claros e fáciles de entender é o da bacteria E. Coli, que se atopa no intestino e que axuda na absorción e dixestión dos alimentos.
Outras como a Pseudomonas aeruginosa atópase moi abundantemente no chan e en todas as superficies en xeral.
Outras atópanse na boca, na saliva e en moitas máis partes do organismo.
Tamén en produtos tan frecuentes como o iogur, que é producido por bacterias fermentadoras (por exemplo o lactobacill).
Por iso, cando escoitemos a palabra bacteria hai que lembrar que algunhas delas son imprescindibles para a nosa vida e que están en contacto connosco sen facernos ningún dano.

lunes, 24 de noviembre de 2008

TRATAMENTO CONTRA ESTAS ENFERMIDADES

Son enfermidades causadas por bacterias resistentes. A resistencia dáse cando as bacterias "acostúmanse" ós antibióticos -sobre todo, ós máis difundidos e utilizados: penicilina, meticilina, eritromicina e tetrociclina-. Polo tanto, unha das solucións reside en empregar outros antibióticos, como Linezolid ou vancomicina. Outras alternativas son:

- A terapia fáxica, una aproximación que foi extensivamente investigada e utilizada como axente terapeútico durante 60 anos, especialmente na Unión Soviética. É unha alternativa que debería axudar ó problema da resistencia. A terapia fáxica foi extensamente utilizada en EE.UU. ata o descubrimento dos antibióticos a comezos da década de 1940. Os bacteriófagos ou fagos son virus que invaden as células bacterianas e, no caso dos fagos líticos, interrompen o metabolismo bacteriano e producen a lise da bacteria. É, en definitiva, o uso terapéutico dos bacteriófagos líticos para tratar as infeccións causadas por bacterias patóxenas.

É unha importante alternativa na era actual de bacterias multirresistentes ós antibióticos. Os fagos foron usados tópica, oral ou sistemicamente en Polonia e na Unión Soviética cunha tasa de éxito do 80-95% e con poucos efectos colaterais gastrointestinais ou alérxicos. Estudos ingleses tamén amosaron a eficacia dos fagos contra Escherichia coli, Acinetobacter, Pseudomonas e Staphylococcus aureus. Os estudios realizados en EE.UU. céntranse na mellora da biodisponibidade do fago.

-Os curandeiros tradicionais utilizan desde hai moito tempo plantas para previr ou curar enfermidades infecciosas. Moitas desas plantas foron investigadas científicamente na procura de actividade antimicrobiana e se probou que un gran número de compostos vexetais inhiben o crecemento das bacterias patóxenas. Un certo número deses axentes parece que teñen estruturas e modos de acción distintos ós dos antibióticos en uso.

- As vacinas non sofren o problema da resistencia porque estas aumentan as defensas naturais do corpo, mentres que os antibióticos operan de forma separada ás defensas normais do corpo.
Aínda que teoricamente prometedoras, as vacinas anti-Staphylococcus demostraron escasa eficacia debido á variación inmunolóxica entre as distintas especies de Staphylococcus e á duración limitada da efectividade dos anticorpos producidos. Actualmente está en curso o desenvolvemento e proba de vacinas máis efectivas.