Dise que un microorganismo é sensible a un antibiótico cando este é quen de inhibilo ou matalo. Dise que un microorganismo é resistente se o microorganismo non se ve afectado pola presenza do antibiótico.
Hai organismos que son de forma natural resistentes, sinxelamente porque non teñen un punto de acción para o antibiótico. A resistencia adquirida débese á modificación do contido xenético da bacteria. Esta modificación ven por unha mutación. A capacidade da resistencia bacteriana ós antibióticos foise consolidando ó longo dos anos e cada vez é un problema máis apremiante para a práctica clínica.
Esta capacidade non aparece por casualidade; existen evidencias que inducen a pensar que este mecanismo existiu sempre. A resistencia débese a unha serie de xenes que adoitan estar asociados a elementos xenéticos transferibles, de forma que aquela bacteria que adquire estes elementos faise resistente á acción dos antibióticos. A súa extensión no uso dos antibióticos na práctica clínica fixo que se seleccionaran as bacterias resistentes, sucumbindo aquelas que non o son.
Os mecanismos de resistencia son fundamentalmente evitar que o antibiótico alcance a súa diana, a alteración do antibiótico e a alteración da diana.
- No primeiro caso, o máis simple é impedir que o antibiótico entre na célula, mutando as porinas (poros das mitocondrias), alterando o sistema de transporte ou creando mecanismos de transporte que eliminen o antibiótico do interior da célula coa fin de que non se acumule en cantidades suficientes como para que poida producir a morte do microorganismo.
- A alteración do antibiótico: basicamente consistiría en sintetizar enzimas que degradaran ou modificaran o antibiótico impedindo que recoñecera o seu punto de acción.
- Por último, outra estratexia, quizáis a máis sinxela, é modificar o punto de acción, xa que pequenos cambios na molécula que recoñece o antibiótico poden facelo invisible.
Por último, cabe sinalar a importancia de non usalos de forma indiscriminada e non abandonar os tratamentos pola ausencia de síntomas.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario