martes, 25 de noviembre de 2008

STAPHLYLOCOCCUS AEREUS RESISTENTE A METICILINA (SARM)

O Staphylococcus aureus resistente a meticilina ou SARM é unha bacteria que se volveu resistente a varios antibióticos, primeiro á penicilina en 1947, e logo á meticilina. Foi descuberta orixinalmente nun hospital do Reino Unido en 1961 (despois de pasar a penas un ano da súa introdución na práctica clínica) e actualmente está moi propagada.

En 1963 novos SARM causaron infeccións sanguíneas en hospitais dinamarqueses. A cepa chamada “Ibérica”, 40 anos despois, ademais de ser resistente á penicilina, estreptomicina, tetraciclina, eritromicina e meticilina, tamén é resistente á maioría dos antibióticos xenéricos que foron desenvolvidos nos últimos 50 anos.

Se ben unha colonización de SARM nun individuo polo demais san xeralmente non é grave, a infección deste microbio pode ameazar a vida de pacientes con feridas profundas, catéteres intravenosos ou outros instrumentos que introducen corpos estraños, ou ben unha infección secundaria en pacientes cun sistema inmune debilitado.

O SARM produce sobre todo infección nosocomial, é dicir, unha infección contraída nun hospital. A súa manifestación máis grave é a neumonía nosocomial, enfermidade que pode ser mortal e que se contrae a través da inserción dun tubo ventilador no corpo do paciente.

Se ben o SARM, coma se indicou antes, non responde ós antibióticos máis comúns, hai outros fármacos, como a vancomicina e o linezolid, que axudan a combater a infección.

O SARM pode provocar infeccións potencialmente letais e xeralmente só é posible tratala con antibióticos intravenosos moi custosos. Unha cepa resistente ós medicamentos dunha bacteria potencialmente letal atravesou as fronteiras dos hospitais estadounidenses e se está propagando, segundo informaron investigadores. Os expertos afirmaron que está comezando a aparecer fóra dos hospitais en San Francisco, Boston, Nueva York e Los Ángeles.

"Unha vez que isto acade á poboación xeral, será realmente imparable", dixo Binh Diep, investigador da University of California en San Francisco.


BACTERIAS DESCOMPOÑEDORAS E SIMBIÓTICAS

Pero non todas as bacterias provocan males no organismo, porque hai numerosas bacterias que traballan para en simbiose co organismo no que se asentan (arredor do 99% das bacterias son beneficiosas).
Un dos exemplos máis claros e fáciles de entender é o da bacteria E. Coli, que se atopa no intestino e que axuda na absorción e dixestión dos alimentos.
Outras como a Pseudomonas aeruginosa atópase moi abundantemente no chan e en todas as superficies en xeral.
Outras atópanse na boca, na saliva e en moitas máis partes do organismo.
Tamén en produtos tan frecuentes como o iogur, que é producido por bacterias fermentadoras (por exemplo o lactobacill).
Por iso, cando escoitemos a palabra bacteria hai que lembrar que algunhas delas son imprescindibles para a nosa vida e que están en contacto connosco sen facernos ningún dano.

lunes, 24 de noviembre de 2008

TRATAMENTO CONTRA ESTAS ENFERMIDADES

Son enfermidades causadas por bacterias resistentes. A resistencia dáse cando as bacterias "acostúmanse" ós antibióticos -sobre todo, ós máis difundidos e utilizados: penicilina, meticilina, eritromicina e tetrociclina-. Polo tanto, unha das solucións reside en empregar outros antibióticos, como Linezolid ou vancomicina. Outras alternativas son:

- A terapia fáxica, una aproximación que foi extensivamente investigada e utilizada como axente terapeútico durante 60 anos, especialmente na Unión Soviética. É unha alternativa que debería axudar ó problema da resistencia. A terapia fáxica foi extensamente utilizada en EE.UU. ata o descubrimento dos antibióticos a comezos da década de 1940. Os bacteriófagos ou fagos son virus que invaden as células bacterianas e, no caso dos fagos líticos, interrompen o metabolismo bacteriano e producen a lise da bacteria. É, en definitiva, o uso terapéutico dos bacteriófagos líticos para tratar as infeccións causadas por bacterias patóxenas.

É unha importante alternativa na era actual de bacterias multirresistentes ós antibióticos. Os fagos foron usados tópica, oral ou sistemicamente en Polonia e na Unión Soviética cunha tasa de éxito do 80-95% e con poucos efectos colaterais gastrointestinais ou alérxicos. Estudos ingleses tamén amosaron a eficacia dos fagos contra Escherichia coli, Acinetobacter, Pseudomonas e Staphylococcus aureus. Os estudios realizados en EE.UU. céntranse na mellora da biodisponibidade do fago.

-Os curandeiros tradicionais utilizan desde hai moito tempo plantas para previr ou curar enfermidades infecciosas. Moitas desas plantas foron investigadas científicamente na procura de actividade antimicrobiana e se probou que un gran número de compostos vexetais inhiben o crecemento das bacterias patóxenas. Un certo número deses axentes parece que teñen estruturas e modos de acción distintos ós dos antibióticos en uso.

- As vacinas non sofren o problema da resistencia porque estas aumentan as defensas naturais do corpo, mentres que os antibióticos operan de forma separada ás defensas normais do corpo.
Aínda que teoricamente prometedoras, as vacinas anti-Staphylococcus demostraron escasa eficacia debido á variación inmunolóxica entre as distintas especies de Staphylococcus e á duración limitada da efectividade dos anticorpos producidos. Actualmente está en curso o desenvolvemento e proba de vacinas máis efectivas.


sábado, 22 de noviembre de 2008

LISTADO DESTE TIPO DE BACTERIAS

  • Staphyllococcus aureus: produce infeccións de feridas, neumonía e septicemia. Nalgúns hospitais, máis do 60% das cepas son resistentes á meticilina.

  • Acinetobacter: é causa de infeccións graves en pacientes inmunocomprometidos.

  • Enterococcus faecalis: produce septicemias, infeccións urinarias e infeccións de feridas en pacientes con compromiso inmunitario.

  • Neisseria gonorrhoeae: axente etiolóxico da gonorrea, na actualidade é resistente a múltiples antibióticos.

  • Mycobacterium tuberculosis: a resistencia ós tuberculostáticos de primiera liña representa un problema de saude pública moi grave nalgúns centros asistenciais.

  • Escherichia coli: Aínda que forma a flora intestinal na maioría dos mamíferos actuando simbioticamente con eles, nalgúns casos é causa de infeccións urinarias, sepse, gastroenterite e insuficiencia renal. Algunhas cepas responsables de infeccións urinarias son resistentes a múltiples antibióticos.

  • Pseudomonas aeruginosa: causa septicemias e neumonías particularmente en pacientes con fibrose quística ou inmunodeprimidos. Algunhas cepas son multirresistentes.

  • Streptococcus pneumoniae: é a causa de sepse, otite media, pneumonía e meninxite. A resistencia a múltiples antibióticos dificultan o prognóstico e tratamento destas infeccións.

domingo, 16 de noviembre de 2008

¿POR QUE ALGUNHAS BACTERIAS RESISTEN OS ANTIBIÓTICOS?

Dise que un microorganismo é sensible a un antibiótico cando este é quen de inhibilo ou matalo. Dise que un microorganismo é resistente se o microorganismo non se ve afectado pola presenza do antibiótico.

Hai organismos que son de forma natural resistentes, sinxelamente porque non teñen un punto de acción para o antibiótico. A resistencia adquirida débese á modificación do contido xenético da bacteria. Esta modificación ven por unha mutación. A capacidade da resistencia bacteriana ós antibióticos foise consolidando ó longo dos anos e cada vez é un problema máis apremiante para a práctica clínica.

Esta capacidade non aparece por casualidade; existen evidencias que inducen a pensar que este mecanismo existiu sempre. A resistencia débese a unha serie de xenes que adoitan estar asociados a elementos xenéticos transferibles, de forma que aquela bacteria que adquire estes elementos faise resistente á acción dos antibióticos. A súa extensión no uso dos antibióticos na práctica clínica fixo que se seleccionaran as bacterias resistentes, sucumbindo aquelas que non o son.

Os mecanismos de resistencia son fundamentalmente evitar que o antibiótico alcance a súa diana, a alteración do antibiótico e a alteración da diana.

  1. No primeiro caso, o máis simple é impedir que o antibiótico entre na célula, mutando as porinas (poros das mitocondrias), alterando o sistema de transporte ou creando mecanismos de transporte que eliminen o antibiótico do interior da célula coa fin de que non se acumule en cantidades suficientes como para que poida producir a morte do microorganismo.
  2. A alteración do antibiótico: basicamente consistiría en sintetizar enzimas que degradaran ou modificaran o antibiótico impedindo que recoñecera o seu punto de acción.
  3. Por último, outra estratexia, quizáis a máis sinxela, é modificar o punto de acción, xa que pequenos cambios na molécula que recoñece o antibiótico poden facelo invisible.
As combinacións son infinitas, é dicir, unha bacteria pode ter resistencia a varios antibióticos e distintas formas de resistencia para un mesmo antibiótico.

Por último, cabe sinalar a importancia de non usalos de forma indiscriminada e non abandonar os tratamentos pola ausencia de síntomas.

sábado, 15 de noviembre de 2008

ENFERMIDADES BACTERIANAS

A continuación imos falar de diversas enfermidades causadas por bacterias:

BRUCELOSE: - Brucella spp. - Febre ondulante, adenopatía, endocardite e pneumonía.

CARBUNCO (familia Ántrax): - Bacillus anthracis - Febre, pápula cutánea e septicemia.

CÓLERA: - Vibrio cholerae - Diarrea, vómitos e deshidratación.

DIFTERIA: - Corynebacterium diphtheriae - Febre, amigdalitis e lesións na pel.

ESCARLATINA: - Streptococcus pyogenes - Febre, amigdalitis i eritema.

ERISEPELA: - Streptococcus spp. - Febre, eritema, prurito e dor.

FEBRE Q: - Coxiella burnetii - Febre alta, cefalea intensa, mialxia, confusión, vómitos e diarrea.

FEBRE TIFOIDEA (Familia Tifus): - Salmonella typhi, S. paratyphi - Febre alta, bacteriemia, cefalalxia, estupor, tumefacción da mucosa nasal, lingua tostada, úlceras no padal, hepatoesplenomegalia, diarrea e perforación intestinal.

LEPRA: - Mycobacterium leprae - Destrución de tecidos.

LEXIONELOSE: - Legionella pneumophila - Febre e pneumonía.

PNEUMONÍA: - Streptococcus pneumoniae, Staphylococcus aureus, Klebsiella pneumoniae, Mycoplasma spp., Chlamydia spp. - Febre alta, expectoración amarelenta e/ou sanguinolenta e dor torácico.

SÍFILIS: - Treponema pallidum - Enfermidade de transmisión sexual

TUBERCULOSE: - Mycobacterium tuberculosis - Febre, cansanzo, suor nocturno e necrose pulmonar.

TÉTANOS: - Clostridium tetani - Febre e parálise muscular.

TOSE FERINA: - Bordetella pertussis - Tose aguda, vómitos, chillidos agudos, febre.

REPRODUCCIÓN, VIDA E XENÉTICA DAS BACTERIAS.

REPRODUCCIÓN

Nas bacterias, o aumento no tamaño das células (crecemento) e a reproducción por división celular están intimamente ligados, como na maior parte dos organismos unicelulares. As bacterias crecen ata un tamaño fixo e despois se reproducen. En condicións apropiadas, unha bacteria "Gram positiva" pode dividirse cada 20 – 30 minutos e unha "Gram negativa" cada 15 - 20 minutos, e nun tempo de arredor de 16 horas o seu número pode ascender a uns 5.000 millóns (aproximadamente o número de persoas que habitan a Terra). Baixo condicións óptimas, algunhas bacterias poden crecer e dividirse extremadamente rápido, tanto como cada 9,8 minutos.
Outro tipo de reproducción asexual é a xemación, na que unha célula forma unha protuberancia que a continuación se separa desta, dando lugar a unha célula filla.





VIDA

Aínda que pareza estraño, podemos dicir que as bacterias teñen "vida eterna". Isto é así porque ó maduraren divídense para dar lugar a dúas novas células (que son clons da orixinal) e seguindo o seu ciclo vital. En realidade non morren, sempre e cando se reproduzan. A menos, claro, que atopen un antibiótico que corte o seu ciclo reproductivo.

Segundo a súa actividade e relacións con outros organismos, podemos clasificar as bacterias en varios tipos:

Comensais: Debido o seu pequeno tamaño, crecen sobre o corpo de plantas e animais ó igual que se fora outra superficie. Estas son as causantes do mal cheiro corporal e vense aumentadas pola calor e a suor.

Mutualistas: Certas bacterias forman asociacións íntimas con outros organismos, que lles son imprescindibles para a súa supervivencia. Este tipo de bacterias son anaerobias e sobreviven grazas á inxesta de ácidos orgánicos.

Patóxenos: Este tipo de bacterias é unha das principais causas de enfermidades nos seres vivos, xa que producen infeccións neste.


XENÉTICA

As bacterias, como organismos asexuais que son, herdan copias idénticas de xenes, é dicir, son clons. Endebén, poden evolucionar mediante cambios no ADN debidos a mutacións e á recombinación xenética. As mutacións proveñen de erros durante a réplica do ADN ou de exposición a axentes mutaxénicos.

A transferencia dos xenes é especialmente importante na resistencia dalgunhas bacterias ós antibióticos, pois permite unha rápida diseminación dos xenes responsables de dita resistencia entre diferentes organismos patóxenos.

jueves, 13 de noviembre de 2008

TIPOS DE BACTERIAS, CARACTERÍSTICAS, MORFOLOXÍA E PRINCIPAIS FAMILIAS.

CARACTERÍSTICAS

1. As bacterias son organismos relativamente sinxelos.
2. Carecen dun núcleo delimitado por unha membrana nuclear, aínda que presentan un nucleoide, unha estrutura elemental que contén unha grande molécula circular de ADN.
3. O citoplasma carece de orgánulos delimitados por membranas e das formacións propias das células eucariotas.
4. O citoplasma tamén conten vacúolos (gránulos que conteñen substancias de reserva) e ribosomas (utilizados na síntese de proteínas).
5. Unha membrana citoplasmática, composta dunha dobre capa de fosfolípidos, rodea o citoplasma e, ó igual cás células das plantas, a maioría posúe unha parede bacteriana. A membrana pode formar mesosomas (contraccións desta cara o interior co fin de aumentar a superficie celular).
6. Algunhas bacterias presentan unha cápsula dura que as protexe.
7. Entre as formacións exteriores propias da célula bacteriana destacan os flaxelos e os pili.
MORFOLOXÍA

A forma das Bacterias é moi variada e, a miúdo, as bacterias dunha mesma especie poden presentar formas moi diversas (proceso coñecido como pleoformismo). Podemos agrupar as formas bacerianas en tres grupos principais:

COCO: de forma esférica.
DIPLOCOCO: cocos en grupos de dous.
TETRACOCO: cocos en grupos de catro.
ESTREPTOCOCO: cocos en cadenas.
ESTAFILOCOCO: cocos en agrupaciones irregulares ou en racimo.

BACILO: en forma de bastón.

FORMAS HELICOIDAIS:
VIBRIO: lixeiramente curvados i en forma de coma, xudía ou cacahuete.
ESPIRILO: en forma helicoidal ríxida ou en forma de tirabuzón.
ESPIROQUETA: en forma de tirabuzón (helicoidal flexible).

PRINCIPAIS FAMILIAS


Estes son os Filos (tipos) de células bacterianas existentes:

Acidobacteria, Actinobacteria, Aquificae, Bacteroidetes, Chlamydiae, Chlorobi, Chloroflexi, Chrysiogenetes, Cyanobacteria, Deferribacteres, Deinococcus-Thermus, Dictyoglomi, Fibrobacteres, Firmicutes, Fusobacteria, Gemmatimonadetes, Lentisphaerae, Nitrospirae, Planctomycetes, Proteobacteria, Spirochaetes, Thermodesulfobacteria, Thermomicrobia, Thermotogae, Verrucomicrobia.

domingo, 9 de noviembre de 2008

DEFINICIÓN DE BACTERIA

As bacterias son microorganismos unicelulares que presentan un tamaño dalgúns micrómetros de longo (entre 0,5 y 5 μm, polo xeral) e diversas formas como esferas, barras e hélices. As bacterias son procariotas e, polo tanto, a diferenza das células eucariotas (de animais, plantas, etc), non teñen núcleo nin orgánulos internos. Pola contra, posúen unha grosa parede celular composta de peptidoglicano. Moitas bacterias dispoñen de flaxelos ou de outros sistemas de desprazamento e polo tanto son móbiles.

Na actualidade, as bacterias son os únicos organismos procariotas existentes no planeta e, aínda que resulte extraño, son os organismos máis abundantes da Terra.
Son ubicuas, xa que se poden atopar en calquera lugar da terra, crecendo no chan, en manantiais quentes e ácidos, en refugallos radioactivos, ou nas profundidades do mar e da corteza terrestre. Algunhas bacterias poden incluso sobrevivir nas condicións extremas do espazo exterior. Estímase que hai en torno a 40 millóns de células bacterianas nun gramo de terra e un millón de células bacterianas nun mL de auga doce.

domingo, 2 de noviembre de 2008

Contidos do tema

BIOLOXÍA BACTERIANA


Definición de Bacteria.

2º Tipos de Bacterias, características, morfoloxía e principais familias.

3º Reproducción, vida e xenética das Bacterias.

4º Bacterias descompoñedoras e simbióticas.

5º Bacterias patóxenas - enfermidades.

6º ¿Por que algunhas bacterias resisten os antibióticos?

7º Listado deste tipo de bacterias.

8º Tratamento contra estas enfermidades.

9º Un caso concreto: Staphyllococcus aureus resistente a meticilina (SARM)

Bacterias de salmonela




Presentación

Ola:
Este é o blog que creamos para a nosa clase de CMC. Nesta avaliación realizaremos un traballo que será engadido aquí; o tema que imos tratar é bioloxía bacteriana.
Iremos publicando entradas sobre o tema citado de maneira habitual.

Ata pronto.