VIDA
Aínda que pareza estraño, podemos dicir que as bacterias teñen "vida eterna". Isto é así porque ó maduraren divídense para dar lugar a dúas novas células (que son clons da orixinal) e seguindo o seu ciclo vital. En realidade non morren, sempre e cando se reproduzan. A menos, claro, que atopen un antibiótico que corte o seu ciclo reproductivo.
Segundo a súa actividade e relacións con outros organismos, podemos clasificar as bacterias en varios tipos:
Comensais: Debido o seu pequeno tamaño, crecen sobre o corpo de plantas e animais ó igual que se fora outra superficie. Estas son as causantes do mal cheiro corporal e vense aumentadas pola calor e a suor.
Mutualistas: Certas bacterias forman asociacións íntimas con outros organismos, que lles son imprescindibles para a súa supervivencia. Este tipo de bacterias son anaerobias e sobreviven grazas á inxesta de ácidos orgánicos.
Patóxenos: Este tipo de bacterias é unha das principais causas de enfermidades nos seres vivos, xa que producen infeccións neste.
XENÉTICA
As bacterias, como organismos asexuais que son, herdan copias idénticas de xenes, é dicir, son clons. Endebén, poden evolucionar mediante cambios no ADN debidos a mutacións e á recombinación xenética. As mutacións proveñen de erros durante a réplica do ADN ou de exposición a axentes mutaxénicos.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario